A Unidade Mixta de Investigación Repsol-ITMATI cumpre o seu primeiro aniversario
O reitor da USC Juan Viaño asistirá o vindeiro luns 30 ás 9.15 horas na Facultade de Matemáticas a un almorzo informativo con motivo do primeiro aniversario e a inauguración de novos espazos da Unidade Mixta de Investigación Repsol-ITMATI.
Xunto co reitor participarán o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco José Conde López; o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey; a presidenta de ITMATI, Isabel Rodríguez Moldes-Rey; o director científico-técnico do proxecto, Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela; e o director de Relacións Científicas e Computación Avanzada de CTR Repsol, Jesús García San Luis.
Na xornada realizarase unha breve presentación do proxecto Unidade Mixta de Investigación Repsol-ITMATI e a continuación farase un percorrido polas novas instalacións no Pavillón de Servizos de Campus Vida.