Ir o contido principal

A Unidade de Psicoloxía Forense co organiza a terceira edición do Congreso Iberoamericano de Xustiza Terapéutica

A Unidade de Psicoloxía Forense da USC organiza xunto coa Asociación Iberoamericana de Xustiza Terapéutica e os grupos de investigación DL1 e PS1 de Vigo a terceira edición do Congreso Iberoamericano de Xustiza Terapéutica. Desenvolverase este luns 20 e o martes 21 na Escola Galega de Administración Pública.

Este é un encontro que reúne expertos e expertas da Psicoloxía e o Dereito xunto cos distintos profesionais que participan nos procesos xudiciais. A primeira sesión serviu para tratar o paradigma da xustiza terapéutica e a súa relación co mellor interese do menor. Pola tarde, abordarase a capacidade da xustiza terapéutica como resposta a situacións de acoso escolar ou a aplicación desta xustiza fóra dos xulgados especializados e dende a perspectiva da vítima do delito.

Na quenda de intervencións do martes 22 reflexionarase arredor da xustiza penal dende a terapéutica e sobre os programas de intervención baseados nesta modalidade. A mediación ou o ámbito da familia son outros dos temas aos que se prestará atención.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2016.