Ir o contido principal

O UniStem Day 2015 achega as células nai ao estudantado de secundaria de Compostela

O UniStem Day 2015 en Compostela celebrouse na Facultade de Medicina. Foto: Servimav-USC
O UniStem Day 2015 en Compostela celebrouse na Facultade de Medicina. Foto: Servimav-USC

Qué son as células nai, o actual estado da investigación neste eido e as súas perspectivas de futuro, a súa utilidade ou as verdades e mentiras que se teñen divulgado sobre células nai foron os temas que un grupo de investigadores da USC lles presentaron aos máis de 250 estudantes presentes no Salón de Actos da Facultade de Medicina para participar na xornada UniStem Day 2015. Esta é unha iniciativa europea que se celebra simultaneamente en máis de 40 universidades de Reino Unido, Suecia, España e Italia, país promotor do evento, co obxectivo de achegar á mocidade o mundo da investigación con células nai. A participación española completouse con sesións en paralelo noutras sete universidades coordinadas pola de Barcelona. Na xornada de Santiago, participou alumnado procedente dos institutos Arcebispo Xelmírez I, Compañía de María, Rosalía de Castro, Antonio Fraguas e Xelmírez II, ao que recibiu a vicerreitora de Investigación, Isabel Rodríguez-Moldés, acompañada polo decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, e unha representación dos promotores da iniciativa en Compostela. Deseguido, desenvolveranse as catros sesión impartidas por docentes e investigadores da USC que explicarán aos participantes as particularidades de traballar no laboratorio con células nai e as súas aplicacións en diferentes campos. Na USC, o grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson é o encargado por terceiro ano consecutivo de coordinar esta iniciativa co apoio da Vicerreitoría de Investigación e Innovación e co patrocinio da Agrupación Mutual Aseguradora (AMA) Glass Chemical, Celta Ingenieros SL, Galmedic Material Médico y de Laboratorio e Gadis. UniStem Day O UniStem Day 2015 é unha iniciativa que implica catro países europeos, 20.000 estudantes, 46 universidades e centros de investigación e máis de 250 convidados entre investigadores, managers ou comunicadores. Esta é unha iniciativa que se celebra simultaneamente en 4o universidades europeas. Foto: Servimav-USC A vicerreitora de Investigación, no centro, presidiu a sesión inaugural. Foto: Servimav-USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2015.