Unitenda celebra o seu décimo aniversario cun desconto do 25 por cento
Conmemorando o seu décimo aniversario, Unitenda ofrece durante esta semana un desconto do 25% nas compras que se realicen na tenda do Claustro do Colexio de Fonseca.
Desta oferta, que remata o 20 de abril, quedan excluídas as compras de libros e publicacións e de equipos informáticos.