Ir o contido principal

A Universidade estudará nun curso de verán en Lugo a planificación estratéxica territorial da provincia

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Universidade de Santiago celebrará do 16 ao 18 de setembro o curso ‘A planificación estratéxica territorial aplicada á análise provincial’. Trátase dun seminario de 20 horas lectivas, dirixido por Alberto Meijide Vecino e Francisco Sineiro García, no que reflexionará sobre a planificación estratéxica territorial, dende o propio concepto de planificación até a súa aplicabilidade en diferentes contextos territoriais.
Ao logo das sesións amosaranse os elementos básicos da planificación estratéxica territorial e a súa aplicación á provincia de Lugo. A finalidade será formar aos asistentes no desenvolvemento de planos estratéxicos en cidades, áreas metropolitanas ou provinciais.
A taxa xeral de matrícula para este curso, que se desenvolverá na oficina principal de Caixa Galicia en Lugo, é de 70 euros. Existe un prezo reducido, de 40 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 4 de setembro), xa está aberto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.07.2009.