A Universidade estudará nun curso de verán en Muros novas técnicas para a pesca de baixura
A Universidade de Santiago celebrará os días 20 e 21 de xullo na Casa da Cultura de Muros o curso ‘Innovar en actividades tradicionais: innovación na pesca de baixura’, co fin de afondar no coñecemento dos procesos innovadores no sector da pesca de baixura en Galicia, como exemplo dun sector tradicional.
Ao longo deste seminario, de 15 horas lectivas e dirixido por Manuel González López, trataranse tamén as diferentes maneiras de sensibilizar aos principais axentes privados e públicos sobre esta temática.
A taxa xeral de matrícula para este curso é de 70 euros. Existe un prezo reducido, de 40 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 10 de xullo), xa está aberto.