A Universidade de Huelva investiu honoris causa o profesor Darío Villanueva

O catedrático Darío Villanueva acaba de ser investido doutor honoris causa pola Universidade de Huelva, cuxo cadro de doutores de honra conforman outros 18 persoas “de valía e dilatada traxectoria” destacadas polas súas achegas ao mundo científico e cultural. No mesmo acto tamén foi investigado o historiador Miguel Ángel Ladero Quesada.
O grao outorgado ao catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada e actual director da Real Academia Española (RAE), vén recoñecer “unha vida que ten xirado arredor do mundo da literatura e a investigación” así como o seu labor á fronte da RAE, á que pertenza dende 2007 e da tamén exerceu función como secretario entre 2010 e 2015.
Darío Villanueva Prieto (Vilalba, 1950), reitor da USC durante dous mandatos entre 1994 e 2002, tamén preside a Asociación de Academias da Lingua Española e é correspondente das Academias Arxentina e Uruguaia de Letras, así como da Cubana da Lingua. É doutor honoris causa por oito universidades de Arxentina, Estados Unidos, Perú, Reino Unido, Suecia e Nicaragua. Desempeñou numerosos cargos (vicepresidencia da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas, a presidencia da Asociación Española de Teoría de la Literatura e da Sociedad Española de Literatura General y Comparada) e entre os seus máis de corenta libros figuran El polen de ideas, Teoría de realismo literario (finalista do Premio Nacional de Ensaio, tradución inglesa de 1997) ou Valle-Inclán, novelista del Modernismo.