Ir o contido principal

A Universidade de Santiago e Alsa subscriben un convenio de colaboración

A Universidade de Santiago de Compostela e a empresa Alsa subscribirán este xoves 13 un convenio de colaboración para o desenvolvemento de proxectos comúns no campo da investigación, a docencia, a transferencia de coñecemento, a cultura e o fomento do transporte publico.

O acordo asinarano ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome o reitor da USC, Juan Casares Long, e Carlos Acha Ledesma, representante de Alsa Grupo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2012.