Ir o contido principal

A Universidade de Santiago e Aresa asinan este venres o convenio para o XIV Premio de Desenvolvemento do Medio Rural

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares, e o presidente do grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinan este venres, a partir das 12.00 horas, no salón reitoral do Colexio de San Xerome de Santiago, o convenio para a convocatoria e posta en marcha do XIV Premio Aresa de Densenvolvemento Rural.

O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón creado conxuntamente no ano 2000 polo citado grupo empresarial de subministros agrogandeiros e a institución académica compostelá, nace coa pretensión de favorecer e mellorar o benestar das persoas que viven no medio rural. Dotado con 10.000 euros en metálico e un diploma de mérito para a candidatura gañadora, o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural recoñece e distingue aqueles proxectos, institucións e/ou empresas que destacan por contribuír de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos agrícolas e/ou gandeiros. Este premio, que xa vai pola súa décimo cuarta convocatoria, está aberto á participación de empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outra entidade que contribúa ao desenvolvemento da economía rural galega.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2013.