Ir o contido principal

Pesar na Universidade de Santiago polo falecemento de Manuela Duque Sánchez, Manuel Remuñán Ferro e Carlos París

A Universidade de Santiago manifesta o seu fondo pesar e súmase á dor das súas familias polos falecementos de Manuela Duque Sánchez e Manuel Remuñán, docentes xubilados da institución académica compostelá. Tamén quixera mostrar publicamente as súas condolencias polo recente falecemento do filósofo Carlos París, quen comezou a súa carreira docente como catedrático de Filosofía na Universidade compostelá en 1961.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2014.