Ir o contido principal

A Universidade de Santiago imponlle a Insignia de Ouro a Antón Lamazares

O presidente da Xunta de Galicia asiste ao acto, no que Enrique Beotas presenta o libro Lamazares. Apuntes íntimos

O pintor galego Antón Lamazares (Lalín, 1954) recibirá este xoves, día 20, a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago nunha cerimonia a celebrar ás 19:00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. Ademais do pintor lalinense, intervirán no acto o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o reitor da Universidade compostelá, Senén Barro.
Na cerimonia, o escritor e xornalista Enrique Beotas presentará o libro Lamazares. Apuntes íntimos que asina el mesmo xunto con Sergio Casquet e Pedro Sempere. A obra, prologada polo reitor Senén Barro, recolle en forma de dicionario toda a biografía do pintor lalinense e nela inclúese unha reprodución da obra ‘Casa das sete yemas’ que o artista doou recentemente á Universidade de Santiago.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2010.