Ir o contido principal

A Universidade de Santiago participa este mércores no I Bookcroosing Universitario

O Servizo de Publicacións da USC participará este mércores, dia 23, no primeiro BookCrossing Universitario que se organiza en España, promovida pola Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE). O Bookcrossing é una iniciativa que pretende converter o mundo nunha biblioteca global mediante o intercambio de libros de maneira gratuíta.
Este mércores, Día do Libro, as 58 editoriais e servizos de publicacións das universidades e centros de investigación españois que integran a asociación –entre elas a USC- abandonarán libros en lugares públicos para que sexan recollidos, lidos e voltos a liberar por lectores aos que se quere sorprender con títulos e contidos de gran valor literario, histórico, científico e, sobre todo e especialmente, divulgativo.
Tres títulos en seis espazosA Universidade de Santiago abandonará tres exemplares das obras La Casa de la Troya, Os viquingos en Galicia e O dómine indómito. Os lugares elixidos para o abandono destes nove volumes son o Paseo da Ferradura (Alameda), a Praza do Obradoiro, a Praza do Toural, a Praciña de Fonseca, e os Campus universitarios norte e sur.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2008.