Ir o contido principal

A Universidade de Santiago porá en marcha un obradoiro gratuíto de autoestima para nenos e adolescentes vítimas de acoso escolar

Impartirase na primeira quincena de setembro na Facultade de Psicoloxía

A Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela porá en marcha a principios do vindeiro curso un obradoiro dirixido a nenos e adolescentes coa intención de reforzar a súa autoestima en casos específicos de ansiedade, timidez, por sufrir algún tipo de maltrato, ser vítimas de acoso escolar ou ter problemas de adaptación sociocultural.
A actividade, para a que se ofrecerán unhas 50 prazas e que terá carácter gratuíto para todos os interesados, se desenvolverá de forma continuada durante a primeira quincena de setembro na Facultade de Psicoloxía.
Tamén para paisNo curso se traballarán contidos relativos á comunicación interpersoal, resolución de conflitos e a aprendizaxe de habilidades sociais, así como o desenvolvemento de estratexias para a mellora persoal e social.
Para levar a cabo o obradoiro organizaranse grupos de alumnos separados por idades, de 4 a 11 anos e de 11 a 18 anos. Ademais, crearanse grupos específicos para pais, aos que se lles ofrecerán as claves para detectar nos seus fillos comportamentos típicos dunha baixa autoestima así como os mellores remedios para tratalos.
Aberto o prazo de inscriciónO curso está concibido a modo de obradoiro para que os alumnos traballen o autoconvencemento, avalíen o seu nivel de autoestima e intenten descubrir os seus puntos febles, para poder así solucionalos. O prazo de inscrición comezara o próximo 16 de xullo e permanecerá aberto ata o día 31. Os interesados en participar deberán contactar con María del Carmen Ferreiro no número de teléfono 981563100, extensión 13741 ou enviar un correo electrónico a pebuceta [at] usc.es (pebuceta[at]usc[dot]es) ou mdelcarmen.ferreiro [at] rai.usc.es (mdelcarmen[dot]ferreiro[at]rai[dot]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2007.