Ir o contido principal

A Universidade de Santiago, premiada na cuarta edición dos Premios Solidario Once-Galicia

O premio recoñece as numerosas actuacións destinadas á plena integración do alumnado na comunidade universitaria e a eliminación de todo tipo de barreiras

As “numerosas actuacións e iniciativas realizadas destinadas a lograr a plena integración de todos o alumnado na comunidade universitaria e na eliminación de todo tipo de barreiras” valéronlle á Universidade de Santiago o premio Solidarios Once-Galicia na modalidade de administración pública. O xurado valorou tamén a adopción na institución compostelá de medidas que “non están xeneralizadas en todo o ámbito universitario español destinadas a favorecer a inserción do alumnado con discapacidade, como son os Campus Inclusivos ou a creación dunha Cátedra de Atención á Diversidade”, entre outros. Os premios Solidarios teñen por obxecto recoñecer e premiar o labor solidario de persoas, entidades, institucións ou medios de comunicación que realizan accións solidarias, en favor da inclusión social de toda a cidadanía, a autonomía persoal, a accesibilidade universal, a vida independente e que coincidan cos valores da cultura institucional da ONCE e a súa Fundación, filosofía que impregna a Economía Social e o Terceiro Sector, “para que o seu exemplo cunda en toda a sociedade”, sinalan os seus promotores. O xurado desta cuarta edición integrábano a secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro; o presidente de Cermi-Galicia, Anxo Queiruga; os xornalistas e comunicadores, Antón Luaces, Ernesto Sánchez Pombo, Pablo Portabales, Tino Santiago, Paco Lodeiro e Martina López Canicoba; a presidenta do Consello Territorial ONCE Galicia e do Jurado, Dolores Venancio; o delegado territorial de ONCE Galicia Manuel Martínez Pan; e directora técnica de la Dirección de Comunicación e Imagen ONCE, Beatriz Cursach. Os galardóns entregaranse o 26 de setembro nunha gala que se celebrará Centro Ágora de A Coruña. Os outros premiados foron o Banco de Alimentos Rías Altas, o documental ‘Discamio’ do programa ‘En lengua de signos’ de La 2 e o presidente e fundador da Asociación Benéfica Renacer, José Fernández Pernas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2013.