Ir o contido principal

A Universidade de Santiago presenta os manuscritos de Valle-Inclán

Os manuscritos, ata agora descoñecidos, da obra de Ramón del Valle-Inclán presentaranse este xoves, día 28, nunha roda de prensa que presidirá o reitor da USC, Senén Barro. Na presentación, que terá lugar ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, intervirán ademais o neto do escritor, Javier del Valle-Inclán Alsina; o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández; e a directora da Cátedra Valle-Inclán da USC, Margarita Santos Zas.
No acto, que contará con apoio audiovisual, os expertos explicarán o valor deste fondo documental orixinal do autor galego e a súa importancia e implicación futura para os estudos que vén desenvolvendo a Cátedra Valle-Inclán da USC e, en xeral para o valleinclanismo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2008.