A Universidade de Santiago presenta a súa Sede Electrónica
A Universidade de Santiago acaba de poñer en funcionamento a súa Sede Electrónica, unha oficina virtual de atención a usuarios/as en Internet a calquera hora, todos os días do ano. A Sede diríxese a membros da comunidade universitaria e á cidadanía que desexen realizar as súas xestións coa USC a través de Internet coa mesma validez que de xeito presencial. Funcionará de conformidade cos principios de responsabilidade, integridade, accesibilidade, seguridade, veracidade, calidade e actualización de información e servizos. O reitor Juan Casares presentará este xoves 11 os principais detalles da Sede Electrónica da USC nun rolda de prensa que comezará ás 12.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Estarán presentes ademais a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; a secretaria xeral, Lourdes Noya; a xerenta, Lourdes Batán; e o director da Área TIC, Andrés Freire. Coa implantación da sede electrónica, a Universidade compostelá pretende facilitar o acceso aos seus servizos ao tempo que crear un espazo de relación coa cidadanía no marco dunha xestión administrativa coas garantías necesarias, diferenciando o concepto de portal de comunicación do de sede electrónica.