Ir o contido principal

A Universidade de Santiago presentou en Madrid o libro El despertar árabe, ¿sueño o pesadilla?

A Universidade de Santiago presentou en Madrid o libro El despertar árabe, ¿sueño o pesadilla?
A Universidade de Santiago presentou en Madrid o libro El despertar árabe, ¿sueño o pesadilla?

A escritora viguesa Yashmina Shawki é a autora do ensaio El despertar árabe. ¿Sueño o pesadilla? Claves históricas, ideológicas y sociales, no que revisa os antecedentes históricos, os acontecementos inmediatos e as causas que orixinaron a gran contestación social de 2011 no norte de África e Oriente Próximo e provocaron as guerras civís de Libia e Siria ou os tímidos cambios constitucionais de Marrocos e Xordania, entre outros. Esta pormenorizada análise duns acontecementos que contribuíron a ollar cara a eses países dunha maneira moi diferente á que Occidente estaba acostumado está editada polo Servizo de Publicacións da USC, cuxo responsable, Juan L. Blanco Valdés, participou este martes 21 xunto á autora e ao prologuista do libro, o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia e Jean Monnet de Dereito Constitucional da UE, Antonio Bar Cendón, na presentación pública do volume en Madrid. Yashmina Shawki naceu en Vigo e é filla de galega e kurdo iraquí. Licenciada en Dereito e Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, colabora habitualmente con varios medios de comunicación e é autora das novelas Kurdos. Destino libertad (2007) e Fundación Libélula (2011) e dos Contos ao carón da lareira (2007).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2014.