Ir o contido principal

A Universidade de Santiago, testemuña do ‘Tratado de Compostela’

A Universidade de Santiago, testemuña do ‘Tratado de Compostela’
A Universidade de Santiago, testemuña do ‘Tratado de Compostela’

O Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago foi este mércores o escenario elixido para asinar o Tratado de Compostela, un acordo para axilizar as extradicións entre Brasil, Arxentina Portugal e España. O acto, que se iniciou cunhas palabras de benvida do reitor Juan Casares Long, contou coa intervención dos ministros de Xustiza de España, Francisco Caamaño, e de Portugal, Alberto Martins; o viceministro de xustiza de Brasil, Rafael Favetti; e a coordinadora xeral do Ministerio de Xustiza, Seguridade e Dereitos Humanos de Arxentina, Adriana Alfonso. O Tratado de Compostela permitirá que as autoridades xudiciais e gobernamentais dos países asinantes conten cun instrumento máis áxil para a loita coordinada contra a criminalidade transfronteiriza e contra a impunidade. ais, este tratado está aberto á adhesión de todos os países da Conferencia de Ministros de Xustiza dos Países Iberoamericanos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2010.