Ir o contido principal

A Universidade de Verán en Vilagarcía comeza avaliando os aspectos conceptuais e aplicacións da economía ecolóxica

É posible outra economía?’. Con esta interrogante arrancará en Vilagarcía o primeiros dos cursos programados dentro da Universidade de Verán na localidade pontevedresa, no que se realizará un achegamento á economía ecolóxica, os seus aspectos conceptuais e aplicacións. Investigadores das universidades de Santiago e Vigo, xunto con representantes da Xunta de Galicia, do Instituto Enerxético de Galicia, de Verdegaia, da Sociedade Cooperativa Galega e de Semente Asociación de Consumo Resonsable, tentarán atopar respostas á pregunta formulada.

Entre o 19 e o 22, no Auditorio Municipal de Vilagarcía o debate estará centrado na situación enerxética de Galicia e en diferentes aproximacións á xestión da enerxía. Haberá espazo tamén para o estudo de sistemas alternativos de consumo e produción de alimentos, tema dunha mesa redonda o derradeiro día, ao que hai que engadir un taller sobre cómo cociñar aproveitando a enerxía do sol ou unha visita guiada ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2010.