Ir o contido principal

As Universidades galegas asinan un convenio para impartir o Máster en Procuradoría

Os reitores das tres Universidades públicas galegas asinarán este mércores 20 cos decanos dos Colexios de Procuradores da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo e co Consello Galego dos Procuradores de Tribunais de Galicia un convenio para regular a docencia conxunta do Máster Interuniversitario en Procuradoría así como as prácticas do seu estudantado. A sinatura terá lugar ás 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Dito Máster oficial habilita para o acceso á proba de avaliación final acreditativa da capacitación profesional para obter o título de procurador dos tribunais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2012.