As tres Universidades galegas asinan na USC un convenio de colaboración co Clúster da Madeira de Galicia
As Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña asinarán este martes, día 29, un convenio de colaboración co Clúster da Madeira de Galicia (CMA) co obxecto de promover proxectos de I+D+i dentro do sector. Na sinatura, que terá lugar ás 12:00 horas na Biblioteca América da USC (Colexio de Fonseca), participarán os reitores Senén Barro, Alberto Gago e José María Barja, xunto co presidente do CMA, José Blanco.
O convenio centrarase en proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no marco do Plan Estratéxico Operativo da Madeira que executa o Clúster da Madeira de Galicia e que obtivo a cualificación de “Excelencia” do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.