Ir o contido principal

As tres universidades galegas asinarán un acordo marco de colaboración en docencia, investigación e financiamento

Os tres reitores galegos asinarán este venres 7 un acordo marco a través do que se sentarán as bases para a cooperación das institucións académicas galegas en materia de docencia, investigación e financiamento universitario.
O acto protocolario de sinatura vaise celebrar no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 11:00 horas, coa presenza dos reitores de Santiago, Senén Barro; A Coruña, José Mª Barja; e Vigo, Alberto Gago.
O documento, cuxas liñas mestras xa presentaran os reitores galegos a principios de ano contando agora co apoio dos respectivos Consellos de Goberno, está considerada como a iniciativa máis importante desde que existe o Sistema Universitario Galego en materia de cooperación en docencia e investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2010.