Ir o contido principal

As tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación e Industria colaborarán na implantación de software libre

A Consellaría apoiará ademais o desenvolvemento de tres posgraos da USC

As tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación e Industria colaborarán na implantación de software libre a través da creación e consolidación de oficinas específicas universitarias. O acordo quedou recollido nun convenio asinado este mércores polos reitores das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, Senén Barro, Alberto Gago e José Mª Barja, respectivamente, e o conselleiro Fernando Blanco.
Segundo o acordado, estas oficinas contarán cun responsable que se encargará da coordinación con outras oficinas universitarias de semellantes características e co Centro de Referencia e Servizos de Software libre de Galicia da Consellaría (Mancomún). Completará este servizo un equipo de apoio e a creación dun espazo web específico. Ademais, unha comisión de coordinación técnica deberá agora fixar o marco de colaboración entre as tres oficinas e o citado centro.
USCNa mesma sesión, Senén Barro e Fernando Blanco asinaron outros tres convenios polos que a administración autonómica colaborará no desenvolvemento do VII curso de Posgrao ‘Economía e Xestión da Innovación’, no III Máster en Xestión e Dirección de Empresas de Deseño e Moda’ e na XVII edición do Máster de Dirección e Xestión do Comercio Exterior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2008.