As universidades galegas inaugurarán o 13 de setembro en Santiago o novo período académico

As tres universidades galegas celebrarán o vindeiro 13 de setembro en Santiago o acto conxunto de apertura do curso académico 2010-2011, iniciándose as clases o martes 14. Será no transcurso dunha sesión protocolaria que se celebrará no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 11:30 horas. Nesta inauguración, na que estarán presentes os reitores da Coruña, Vigo e Santiago, o catedrático de Medicina Legal Luis Concheiro Carro impartirá a lección inaugural do curso coa intervención ‘De las relaciones entre la medicina y el derecho’. Ás aulas, o día 14 Ao día seguinte, o martes 14 darán comezo na USC as clases dos estudos oficiais de grao e máster. Este primeiro período rematará o 27 de xaneiro. O segundo período lectivo irá do 31 de xaneiro ata o 3 de xuño de 2011. As probas de avaliación que ata agora correspondían ao mes de setembro transcorrerán na primeira quincena de xullo.
No caso dos cursos aínda non adaptados ao EEES as clases do primeiro cuadrimestre comezarán o 1 de outubro e rematarán o 27 de xaneiro, mentres que o segundo cuadrimestre irá do 23 de febreiro ao 7 de xuño. Os exames serán na primeira quincena de setembro.