Ir o contido principal

Unixest mantén aberto ata o día 21 o prazo da convocatoria de contratación temporal de dous técnicos en programación e mantemento de aplicacións WEB JEE

A Sociedade Xestora de Intereses da USC, Unixest, mantén aberto ata o día 21 de setembro o prazo para de presentación de solicitudes para a convocatoria de contratación temporal de dúas prazas de técnico en programación e mantemento de aplicacións WEB JEE.
As persoas seleccionadas, que serán contratadas por un período de doce meses, deberán desenvolver funcións de programación e mantemento de aplicacións JEE elaboradas con Spring Framework; servizos web implementados sobre JEE; HTML, CSS, XML, XSLT e XSL-FO; Struts e Spring MVC; Tapestry, Wicket e JSF; SQL Server, PosgresSQL e MySQL; JDBC, Hipernate, JPA; e AJAX.
A seleccións das persoas presentadas á convocatoria farase en base á valoración de méritos, do currículo e á realización dunha entrevista. A primeira etapa da selección cualificarase de 0 a 12 puntos, tendo en conta a experiencia profesional (máximo de 7 puntos), coñecementos de galego (máximo de 1 punto), coñecementos de inglés (máximo de 1 punto), posesión de titulación académica (ata 1,5 puntos) e outros méritos relacionados coas funcións a desenvolver (ata 1,5 puntos). So accederán á entrevista aquelas candidaturas que acaden un mínimo de 5 puntos na primeira fase.
As bases desta convocatoria poden consultarse en liña na web http://unixest.usc.es

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2007.