Ir o contido principal

A USC abre a inscrición no curso sobre aplicación da perspectiva de xénero na docencia universitaria no campus de Lugo

A USC vén de abrir o prazo de inscrición no curso sobre aplicación da perspectiva de xénero na docencia universitaria no campus de Lugo, un programa formativo promovido pola Oficina de Igualdade de Xénero en colaboración co Instituto de Ciencias da Educación, no marco da oferta do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) da USC.

O curso, que tivo moi boa acollida nos campus da USC en Compostela e que reserva un 10% das prazas para noveis, ten como obxectivo ofrecer ao profesorado as ferramentas necesarias para aplicar a perspectiva de xénero na docencia universitaria, a través dun obradoiro con participación activa nas clases presenciais, e nas sesións virtuais. O curso A aplicación da perspectiva de xénero na docencia universitaria encádrase asemade nas accións previstas para cumprir os obxectivos do II PEIOMH de cara a promover a incorporación da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, impulsando a formación en materia de xénero da comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2014.