Ir o contido principal

A USC abre o proceso para cubrir unha praza de técnico medio da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

A USC vén de abrir o proceso selectivo, mediante concurso de méritos para a cobertura temporal dunha praza de técnico medio na Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, un proxecto no que participa xunto coas outras dúas universidades galegas, e para que se ten recibido financiamento a través da Universidade da Coruña e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

O proxecto da Rede Galega de Cooperación Universitaria ten como obxectivos, entre outros, identificar o capital humano nas universidades galegas con experiencia acreditada en cooperación ao desenvolvemento; identificar liñas de actuación comúns en materia de cooperación ao desenvolvemento, así como o seu aliñamento coas liñas do Plan Director da Cooperación Galega e coas liñas estratéxicas europeas; elaborar, xunto coas outras universidades, propostas de proxectos nas convocatorias estatais e europeas de cooperación ao desenvolvemento dirixidas a garantir a sustentabilidade da Rede no futuro e ao desenvolvemento de proxectos concretos de cooperación. A elaboración de informes e estudos en materia de cooperación ao desenvolvemento; o apoio ao desenvolvemento de proxectos de cooperación e investigación na nosa contorna que favorezan o desenvolvemento de redes de cooperación e traballo no ámbito do comercio xusto e a economía solidaria son outros dos cometidos. Na convocatoria deste proceso selectivo, feita pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, explícanse todos os datos relativos a prazos e lugar de presentación das solicitudes, requisitos dos/as solicitantes e criterios de selección, ademais do propio modelo de solicitude.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2014.