Ir o contido principal

A USC abrirá a final de mes un prazo para que PAS e PDI se matriculen en cursos do Centro de Linguas Modernas

O cadro de persoal da USC con dedicación completa, PDI ou PAS, poderá matricularse de balde nos cursos regulares que oferta o Centro de Linguas Modernas. O prazo de matrícula será os días 27 e 28 de setembro, aínda que as persoas que xa posúan coñecementos do idioma deberán realizar previamente unha proba de nivel (os días 10 e 18), para a que deberán inscribirse antes do 13 deste mes. Este ano ofértanse cursos de 80 horas de alemán, francés, inglés e italiano, este último só en Santiago; e de 40 horas en checo, chinés, lingua de signos, portugués, ruso e xaponés en Santiago e de inglés en Lugo. Ao seu cadro de persoal a USC financiaralle unha única acción formativa de 80 horas ou dous cursos de 40 (sempre que sexan sucesivos).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.09.2012.