Ir o contido principal

A USC acada 37 axudas na convocatoria de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta

En dúas modalidades, a Xunta ofertaba un total de 60 axudas

Na convocatoria de apoio á etapa de formación posdoutoral, a USC acadou 27 axudas na modalidade A e outras dez na B. Trátase de axudas ás universidades galegas para a contratación de doutores que realizarán estadías no estranxeiro de ata dous anos e un terceiro en Galicia (modalidade A) e para contratos de ata dous anos e unha axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia (B).

A finalidade do programa é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema galego de I+D+i fomentando na súa etapa inicial a mobilidade internacional para mellorar a súa formación e posibilitando a reincorporación nos axentes que conforman o sistema para logo continuar coa súa traxectoria investigadora na institución á que retorna.

Na modalidade A, ás universidades galegas destináronse 50 axudas, das que a USC acadou 27, nove delas para investigadores da área de Arte e Humanidades, seis de Ciencias da Saúde, catro de Enxeñaría e Arquitectura, catro de Ciencias e outros tantas para persoal investigador de Ciencias Sociais e Xurídicas.

Dirixidas a persoal doutor investigador beneficiario dun contrato nunha universidade galega da convocatoria 2012 do programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, das 20 axudas outorgadas na modalidade B, a USC acadou un total de dez, seis para persoal da área de Ciencias, dúas para Arte e Humanidades, unha para Ciencias Sociais e Xurídicas e outra para Ciencias da Saúde. A maior puntuación correspondeu a Débora González Martínez cunha nota de 97 dun máximo de 100 puntos, da área de Arte e Humanidades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2016.