A USC achega o Life Lugo+Biodinámico a estudantes do IES Lucus Agusti co gallo do Semana Verde da Unión Europea

Investigadores e técnicos do Campus Terra da USC implicados nalgunha das distintas actuacións que se están a desenvolver ao abeiro do programa Life Lugo+Biodinámico, explicaron este martes a estudantes do IES Lucus Agusti de Lugo algunhas das claves que rexen este proxecto europeo, ao tempo que dron conta das diferentes acción nas que están a traballar.
Esta xornada divulgativa e información sobre o Life Lugo+Biodinámico está concibida como un evento asociado á Semana Verde da Unión Europea 2018, un foro no marco do que nesta edición se abordan as actuacións e iniciativas coas que a UE contribúe a mellorar as cidades como lugares para vivir e traballar.
Ademais de remarcar os avances políticos en materia de calidade do aire, ruído, natureza, biodiversidade, xestión de residuos e da auga, este foro internacional promove enfoques participativos do desenvolvemento urbano, sistemas de contactos en rede e ferramentas para o intercambio de boas prácticas. A Semana Verde Europeo busca tamén fomentar formas de implicar ás autoridades locais e aos habitantes das cidades en dinámicas orientadas cara un futuro sustentable.