USC e Medio Ambiente avanzan novas colaboracións nos ámbitos da economía circular e o cambio climático

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, recibiu este luns no seu despacho a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do territorio para tratar futuras liñas de colaboración, que se sumarían así aos máis de medio cento de contratos de investigación asinados conxuntamente nos últimos cinco anos.
En concreto, as áreas que se presentan como prioritarias para as dúas administracións son as relacionadas coa economía circular e o cambio climático, que logo de próximas xuntanzas de traballo con distintos grupos de investigación da USC derivarán en próximos convenios de colaboración.