Ir o contido principal

A USC amplía ata o venres 16 as xornadas de portas abertas das escolas deportivas

Calquera persoa interesada poderá achegarse á Universidade de Santiago ata o venres, 16 de outubro, para participar, de maneira gratuíta, en trece escolas deportivas que ofrece anualmente a institución. A USC amplía deste xeito o prazo que inicialmente establecera ata o 9 de outubro.
As actividades que se poden practicar –exceptuando a fin de semana e o luns 12 festivo- son karate, ioga, danza do ventre, ximnasia terapéutica, pilates, aeróbic, taichi, esgrima, bailes de salón, kung fu, ximnasia de mantemento, mellora da condición física e taekwondo.
Os interesados poden acadar máis información sobre os lugares e horarios chamando ao teléfono 981563100 coas extensións 15076, 15078, 15071, 15072 e 15073.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2009.