Ir o contido principal

A USC amplía con Google, Casalini Libri e e-libro as súas plataformas de comercialización de e-books

O director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, con Victoire Chevalier (primeira pola derecha) e Belén Recio (UNE), negociando os termos de adhesión á plataforma dixital de E-Libro-net
O director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, con Victoire Chevalier (primeira pola derecha) e Belén Recio (UNE), negociando os termos de adhesión á plataforma dixital de E-Libro-net
A institución compostelá prevé editar este ano entre 15 e 20 títulos electrónicos

En aras dunha maior visibilización da produción bibliográfica da Universidade de Santiago, e para incrementar as súas posibilidades de comercialización, o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico chegou recentemente a un acordo con Google eBooks, Casalini Libri e e-libro para vender nestas plataformas os seus libros dixitais, que ata o momento estaban na librería virtual da USC, en Unebook e en Meubook O catálogo da institución compostelá conta na actualidade con 50 títulos dixitais, que supoñen o 8 por cento do total do seu fondo vivo, e para 2012 prevé editar entre 15 e 20 ebooks máis segundo avanza o director do servizo, Juan Luis Blanco Valdés, para quen as editoriais universitarias están afrontando “razoable e sensatamente a crise de ventas, os recortes orzamentarios, o embate dixital e a invasión de xigantes como Amazon”. En 2011 a venda de 19 títulos dixitais supuxo o 1 por cento da súa facturación total. En calquera caso, aclara Blanco, os editores universitarios “estamos poñendo todo os nosos esforzos ao servizo dunha demanda que só o mercado nos dirá se é ou non real ou maioritaria”. E engade: “o noso deber é pór os medios para responder ás obvias esixencias de novas formas de lectura e comunicación cultural”. Tamén en papel Todos os libros dixitais que a USC comercializa teñen a súa versión en papel, algo que non ocorre cos que se publican en acceso aberto -12 polo de agora-, que só se editan en formato electrónico e que solen corresponder a actas de congresos pero tamén a monografías científicas e materiais docentes. Cos acordos alcanzados, a USC súmase aos convenios marco establecidos pola Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) con Google eBooks, Casa del Libro, Casalini, E-libro e Publidisa para a comercialización nas súas librarías dixitais dos libros electrónicos publicados polas editoriais asociadas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.03.2012.