Ir o contido principal

A USC apoia a campaña ‘Lugo, cidade polo comercio xusto’, que comeza a súa andaina este luns na Casa do Saber

O auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo acubillará o luns 20 de outubro , a partir das 17.00 horas, a presentación da campaña ‘Lugo, cidade polo comercio xusto’, unha iniciativa impulsada polas ONGs luguesas A Cova da Terra e Taller de Solidariedade co apoio do Concello de Lugo e da Universidade de Santiago.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentará o luns 20 a posta en marcha deste campaña, a través da que se pretende converter Lugo nun modelo de localidade que achegue produtos de Comercio Xusto á cidadanía a través das administracións, comercios, empresas e do tecido asociativo.

A concelleira do Concello de Lugo Rosana Rielo, o integrante da ONG Ideas e coordinador a nivel estatal desta iniciativa, David Comet, e José Luis Chamorro, do grupo de traballo de ‘León por un comercio xusto, tamén intervirán neste acto, aberto á participación de todo o público interesado e tralo que haberá unha degustación gratuíta de produtos de comercio xusto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2014.