Ir o contido principal

A USC e Aresa asinan o convenio para convocar a décimo terceira edición do Premio ao Desenvolvemento Rural

Este ano o xurado valorará especialmente os proxectos que baseen a súa actividade no I+D+i e cuxa posta en marcha supoña a creación de novos postos de traballo

A USC e o grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa asinarán este luns 23 un novo convenio de colaboración para a posta en marcha da XIII edición do Premio ao Desenvolvemento Rural. O acto terá lugar ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome e nel intervirán o reitor Juan Casares e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras. O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural recoñece e incentiva a investigación e o desenvolvemento mediante o apoio á traxectoria persoal ou á actividade empresarial ou institucional innovadora e xeradora de riqueza e benestar no ámbito agrogandeiro, como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas que traballan no medio rural galego. Este ano valoraranse especialmente os proxectos que baseen a súa actividade no I+D+i e cuxa posta en marcha supoña a creación de novos postos de traballo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2012.