Ir o contido principal

A USC asina un convenio de colaboración coa Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, e o presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, Juan de la Salle Barreiro, asinarán este martes, día 7, un convenio marco co obxecto de regular a colaboración entre as dúas partes no campo da docencia, a investigación e a cultura en xeral. O acto desenvolverase ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Entre as actuacións ás que se refire o convenio destacan a difusión, prevención, conservación e restauración do arquivo, fondos bibliográficos e patrimonio artístico da Sociedade asinante; a realización de traballos de investigación sobre os fondos documentais desta; ou o establecemento dun premio bianual de investigación histórica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2007.