Ir o contido principal

A USC asina un convenio co Valedor do Pobo para traballar conxuntamente na defensa da comunidade universitaria

Os representantes dos comisionados das universidades galegas establecerán canles de comunicación co Valedor do Pobo
Os representantes dos comisionados das universidades galegas establecerán canles de comunicación co Valedor do Pobo

O Valedor da Comunidade Universitaria da USC, Miguel Alcaraz García, xunto cos seus homólogos das universidades de Vigo e da Coruña, asinaron este mércores un convenio co Valedor do Pobo, José Julio Fernández, para mellorar a comunicación entre as súas entidades. O texto recolle o compromiso entre as institucións de transmitirse aqueles asuntos que polo seu contido sexan de interese ou precisen da súa intervención. Deste xeito, os comisionados universitarios informarán ao Valedor dos temas que sexan da súa incumbencia e viceversa, así como dos resultados das xestións ó respecto que realicen. Tamén se prestarán colaboración mutua cando estimen que iso pode contribuír á mellora, axilidade e eficacia das súas xestións e se coordinarán nas intervencións de temas comúns. O convenio establece tamén a posibilidade de organizar reunións periódicas de traballo e colaborar en actividades formativas e de difusión en relación cos seus servizos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2014.