A USC asiste en Santander á sectorial de secretarios xerais da CRUE
O vicesecretario xeral da Universidade de Santiago, Carlos Gómez Otero, participa este xoves en Santander na Comisión Sectorial de Secretarios Xerais da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE). Gómez Otero intervirá cun relatorio nunha mesa redonda sobre a e-administración na que tamén participa a secretaria xeral da Universidade de Alicante, Nuria Fernández Pérez. Neste encontro na sede da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, os participantes aclararán as modificacións, hoxe en borrador, sobre o R.D. 1393/2007 e o problemático asunto da propiedade intelectual, e farán diversas recomendacións en materia de arquivos.