Ir o contido principal

A USC e a Asociación de Fabricantes e Distribuidores asinan un convenio marco para o desenvolvemento de actividades de formación sobre estándares e prácticas de eficiencia

O reitor Juan Casares e o director xeral da Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), José Mª Bonmatí, asinarán este martes 17 un convenio marco para o desenvolvemento dun proxecto formativo en estándares e prácticas de eficiencia que permitan ao alumnado incorporarse ao mundo profesional cun coñecemento previo sobre a realidade empresarial, as súas necesidades e ferramentas de eficiencia. A sinatura celebrarase a partir das 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O proxecto, unha iniciativa da asociación AECOC que agrupa a preto de 25.000 compañías, arrancará o próximo curso 2012-2013 coa participación de seis centros universitarios de toda España –das universidades de País Vasco, Barcelona, Valencia, IQS, ESIC e a USC– e unha decena de empresas líderes do sector de gran consumo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.07.2012.