Ir o contido principal

A USC e a asociación Seminario Galego de Educación para a Paz asinarán un convenio marco para a realización de programas de voluntariado e participación social

O reitor Juan Viaño e a presidenta da Asociación Seminario Galego de Educación para a Paz, María Inmaculada Rúa Parada, asinarán este xoves 9 un convenio marco de colaboración para a realización de programas de voluntariado e participación social entre o estudantado da USC.

O acto protocolario de sinatura celebrarase este xoves a partir das 10.00 horas no Despacho Reitoral do Colexio de San Xerome. O acordo terá unha duración inicial de dous anos e implicará o desenvolvemento de programas de carácter asistencial, educativos, científicos e de defensa da investigación, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2015.