Ir o contido principal

A USC avanza novas oportunidades de colaboración internacional en NAFSA, unha das maiores exposicións da educación do mundo

Vista parcial do espaco ocupado polo stand da USC
Vista parcial do espaco ocupado polo stand da USC

Ao longo de catro días, a USC volveu estar presente nunha das feiras de educación superior máis importantes do mundo, NAFSA, celebrada nesta ocasión en Los Ángeles coa participación de máis de 10.000 participantes, preto de 3.500 institucións e 300 expositores.

Como resultado do encontro, a delegación da USC estableceu as bases para novos acordos de intercambio de alumnado e persoal docente e investigador con universidades estadounidenses, arxentinas, colombianas e australianas. Ademais, o marco da feira permitiu continuar conversas con institucións brasileiras no ámbito de proxectos de investigación e cooperación universitaria.

O encontro incluíu seminarios, conferencias e a realización de encontros directos co persoal de áreas de internacionalización de universidades de todo o mundo. A Universidade de Santiago de Compostela contou cun stand compartido coas universidades galegas, buscando así potenciar a colaboración e a visibilización da comunidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2017.