A USC axudará a formar médicos forenses en Namibia

O Ministro de Seguridade Nacional de Namibia, Nangolo Mbumba, reuniuse hoxe con membros do equipo de goberno da USC para establecer unha colaboración en materia médica, concretamente na formación de médicos forenses. Mbumba asinara xa en 2009 un convenio marco de cooperación coa Universidade de Santiago, cando el era ministro de Educación.
Na xuntanza participaron o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Jesús A. Casabiell; o director do Instituto de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo; o director da Cátedra de Medicina, José Antonio Torre Carballada; ademais de Luis Barreras e Emilio Penas.