A USC e Caixanova achegan a Santiago a Divina Comedia da man de Dalí
A Vicerreitoría de Cultura da USC e Caixanova inaugurarán o vindeiro xoves 10 en Compostela a exposición ‘Dalí, La Divina Comedia’, que comprende un conxunto de cen xilografías do pintor surrealista catalán realizadas entre 1960 e 1964 para ilustrar a obra de Dante.
A serie de obras que conforman a mostra, que se poderá visitar ata o 11 de maio no Colexio de Fonseca, hai que situala no contexto da evolución do pintor, que dende os anos corenta xa estaba afastado do grupo surrealista. Nos 60, o gran desenvolvemento da arte anima a Dalí a tratar numerosos temas, dende a historia á literatura, creando obras de edición limitada, ilustradas con gravados ou litografías, para ampliar a súa produción.