Ir o contido principal

A USC e Caixanova asinarán un convenio para a catalogación da obra antolóxica do pintor Tomé

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o subdirector xeral de Caixanova, Luis Vela Alarcó, asinarán o vindeiro luns 9 un convenio de colaboración cultural para a catalogación da obra antolóxica do pintor Tomé. O acto de sinatura celebrarase ás 10:45 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Este traballo conxunto entre ambas as dúas entidades terá a súa primeira manifestación nunha mostra organizada pola USC a través da Vicerreitoría de Cultura que permanecerá aberta ao público entre os días 14 de xullo e 8 de outubro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2007.