A USC, campioa invicta da Primeira División de Veteranos

O equipo de fútbol da Universidade de Santiago de Compostela que participa na División Primeira A de Veteranos acaba de proclamarse campión invicto de Liga.
Dos vinte e seis partidos disputados o equipo compostelán venceu en 19 ocasións, superando en 16 puntos ao segundo clasificado, o Terra Xallas. Na próxima tempada competirá na División de Honra.