Ir o contido principal

A USC celebra cunha mostra en Lugo o Día Internacional do Patrimonio Cultural

A mostra permanecerá na Intercentros ata o 2 de novembro
A mostra permanecerá na Intercentros ata o 2 de novembro
Permanecerá na Biblioteca Intercentros ata o 2 de novembro

O pasado ano, a UNESCO proclamou o día 17 de outubro como o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), xuntando así unha nova data á do 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio. A USC súmase a esta celebración albergando na Biblioteca Intercentros a exposición 'O patrimonio vivo', organizada pola Asociación Cultural e Pedagóxica 'Ponte... nas ondas' e coa que colaboran o Concello de Lugo e a propia USC.

A mostra, que xa estivo no Colexio de Fonseca do campus de Santiago no ano 2024, inaugurouse este xoves nun acto que presidiu o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga. Pode visitarse ata o 2 de novembro de 2025, en horario de 9.00 a 21.00 horas, de luns a venres, e de 10.00 a 19.30 horas, os sábados e domingos, e tamén está aberta a visitas escolares.

'O patrimonio vivo' reúne fotografías sobre os bens de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) inscritos na UNESCO de España, entre os que se encontra o 'modelo PNO!' inscrito no Rexistro das boas prácticas co PCI.

'O patrimonio vivo' reúne fotografías sobre os bens de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) inscritos na UNESCO de España
'O patrimonio vivo' reúne fotografías sobre os bens de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) inscritos na UNESCO de España
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2025.