Ir o contido principal

A USC celebra en Vila Nova de Cerveira e Tomiño un curso de verán enmarcado no festival 'Filminho'

CURSOS DE VERÁN DA USC 2008

Tominho, en Galicia, e Vila Nova de Cerveira, en Portugal, serán os espazos nos que entre os días 22 e 27 de xullo transcorrerá o curso de verán ‘Filminho: Reflexións sobre o audiovisual galego e portugués’ que dirixe o profesor Carlos Quiroga.
O curso, cuxa matrícula continúa aberta ata o 11 de xullo, tentará analizar as causas da escasa colaboración entre o audiovisual portugués e o galego nun contexto no que as similitudes lingüísticas e as equivalencias culturais e xeográficas son superiores a calquera outra cinematografía.
Trazarase deste xeito o camiño para proxectos conxuntos nun ambiente de complicidade favorecido por ‘Filminho, Festa do Cinema Galego e Portugués’ que se celebra simultaneamente ao curso e nos mesmos locais. Así, os matriculados terán libre acceso ao festival, no que se proxectarán máis de oitenta películas, catro cine-concertos e dous recitais. Ademais, os inscritos formarán parte do xurado do Forum de Creadores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.06.2008.