Ir o contido principal

A USC celebrará o 8 de marzo o Día Internacional das Mulleres

A Universidade de Santiago celebrará o vindeiro 8 de marzo o Día Internacional das Mulleres cun acto conmemorativo que presidirá o reitor, Juan Casares Long. Na xornada entregaráselle unha placa con mención honorífica ao Servizo de Vixilancia da Saúde da USC pola súa traxectoria en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Ademais terá lugar unha mesa redonda sobre estereotipos de xénero e saúde na que, moderada pola Oficina de Igualdade de Xénero, participarán a coordinadora do grupo de investigación Rede de Investigadores en Demografía, Historia Económica e Migracións da USC, Mª Xosé Rodríguez Galdo; a neuróloga Susana Arias Rivas; a psiquiatra Ángela Torres Iglesias; e o psicólogo Fernando Lino Vázquez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.03.2013.