Ir o contido principal

USC e Cetal asinan este mércores un convenio para regular o uso de espazos compartidos por parte da APLTA

O reitor da USC, Juan Viaño, e o director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal), Javier López Viana, asinarán este mércores 9 de decembro, ás 12.00 horas, na sede do Cetal, un convenio para regular o uso de espazos do Cetal por parte da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) da USC.

O obxectivo deste convenio específico entre a USC e o Cetal é o de establecer as normas e condicións de acceso e utilización de despachos, salas de reunións e salas de catas do Cetal por parte do persoal da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, en aras a facer un aproveitamento óptimo e eficiente das dependencias das dúas entidades, cuxas sedes están moi próximas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.12.2015.