Ir o contido principal

A USC e COGAMI asinará un convenio marco de colaboración

Inclúe a creación dun Centro de estudos sobre a discapacidade e a dependencia e colaboración en prácticas e formación

O reitor Juan Casares e o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, asinarán este martes 15 un convenio que establecerá un marco de actuacións conxuntas en actividades de investigación e docencia no eido da discapacidade e a dependencia. A sinatura celebrarase a partir das 11.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Entre as actividades a acometer de xeito conxunto figuran a creación dun Centro de Estudos Universitarios da Discapacidade e a Dependencia, a realización de prácticas ou a participación en actividades de carácter formativo e divulgativo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2012.